Ir o contido principal

Fortalecendo lazos de cooperación académica e investigadora con Asia

Fortalecendo lazos de cooperación académica e investigadora con Asia
Fortalecendo lazos de cooperación académica e investigadora con Asia

A USC mantén unha intensa política de cooperación internacional universitaria con institucións de educación superior e investigación xaponesas, que se ve favorecida por afinidades culturais –C amiño de Santiago e Kumano Kodo– e celebracións como o año dual España-Xapón.

Redundando nesta colaboración no eido académico e investigador, recentemente o Centro de Estudos e Investigacións Turísticas da USC e o Centro para Investigación en Turismo da Universidade de Wakayama acordaron cooperar en materia de investigación, o que, en palabras do reitor, “ redundará na proxección internacional de ambas institucións nun contexto tan relevante para nós como é o turismo”. Sentaron tamén as bases para definir a mobilidade de estudantes de doutoramento e master e propostas conxuntas de proxectos europeos (H2020 e Erasmus+).

Esta colaboración entre as universidades compostelá e xaponesa conta ademais coa participación e o apoio activo de institucións e organismos extra-universitarios que representan os diferentes intereses da sociedade coa fin de recoller a diversidade e a transversalidade do turismo.

Colaboracións con China
Por outra banda, tamén hai uns días a vicerreitora de Internacionalización, Almudena Hospido, recibiu no seu despacho a visita dunha delegación da Universidade china de Shandong.

Na xuntanza de traballo profundouse no programa de verán para os alumnos de estudos de literatura Inglés-Español e avanzouse no joint degree de estudo lingüístico que propón –similar ao 3+1+1 español– 3 anos de estudo en China, 1 ano na USC e logo un último de máster tamén na universidade compostelá.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.10.2015.