Ir o contido principal

O fotógrafo Tino Martínez imparte un taller na Universidade de Santiago

O fotógrafo Tino Martínez imparte un taller na Universidade de Santiago
O fotógrafo Tino Martínez imparte un taller na Universidade de Santiago

O fotógrafo Tino Martínez impartirá este martes 13 na Facultade de Xeografía e Historia un taller no que profundará na fotografía química apoiándose en material propio impreso e achegará a súa visión sobre esta disciplina artística en xeral. A actividade, que terá lugar ás 19.00 horas na aula 15, está organizada polo Espazo de Fotografía da Universidade de Santiago. Tino Martínez (Compostela, 1943) conta cunha dilatada traxectoria profesional na cidade que o viu nacer, pero non só. As súas fotografías percorreron en exposicións individuais ou colectivas exposicións en toda Galicia e no estranxeiro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.12.2011.