Ir o contido principal

Fototalentos 09 mostra no xardín exterior de Fonseca instantáneas realizadas por universitarios iberoamericanos

A USC exporá na última quincena de abril, do 16 ao 28, as mellores fotografías de universitarios iberoamericanos e europeos no ámbito da convivencia presentadas ao concurso Fototalentos 09, unha iniciativa da Fundación Banco Santander en colaboración con Universia e a USC.
A mostra inaugurarase o xoves 16 de abril, ás 12:00 horas no xardín exterior do Colexio de Fonseca, nun acto ao que asistirán o reitor da USC, Senén Barro; o director xeral de Universia España, Pedro Aranzadi; o adxunto ao conselleiro delegado e director de RRII e da Fundación Universia, Ramón Capdevila, e Javier Aguado, en representación da Fundación Banco Santander.
Esta segunda edición da exposición irá despois á Complutense para mostrar as fotos da categoría de Educación e a Sevilla para facer o propio coas de Igualdade, logo de ter pasado por Valladolid e Oviedo. Xa unha última exposición na Cidade Financeira Santander de Boadilla del Monte recollerá as fotografías finalistas das cinco categorías e un xurado profesional elixirá a peza gañadora e os dous accésits.
Concurso consolidadoA Fundación Banco Santander desenvolve a súa actividade en diferentes ámbitos como a arte, a sustentabilidade, as humanidades, a música e a ciencia, realizando un labor divulgativo e educativo a través de exposicións, xornadas, debates, publicacións e concertos nos que intenta conxugar a innovación coa tradición, mantendo proxectos que son xa referencia no mundo cultural con iniciativas novas.
Con esta segunda edición de Fototalentos consolídase un concurso de fotografía referente no ámbito universitario que, grazas aos concursantes, contou con máis de 20.000 fotografías nos dous últimos anos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.04.2009.