Ir o contido principal

Frank Wilczek, Premio Nobel de Física 2004, por primeira vez en Compostela

O científico Frank Wilczek (Long Island, EE.UU., 1951), Premio Nobel de Física 2004, visitará por primeira vez Santiago de Compostela esta semana dentro do programa de divulgación científica ‘ConCiencia’ que organiza conxuntamente a Universidade de Santiago e o Consorcio de Compostela.
Aproveitando a súa estadía en Compostela, Wilczek ofrecerá este xoves, día 18, unha roda de prensa ás 11:30 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca. Neste acto estará acompañado polo profesor da USC Jorge Mira.
A axenda de Frank Wilczek comeza xusto despois, cunha xuntanza ás 12:30 horas na Aula Magna da Facultade de Física con investigadores e alumnos da USC na que debaterán sobre os constituíntes fundamentais da materia. Xa pola tarde, ás 20:00 horas no Comedor Real do Hostal dos Reis Católicos, pronunciará a conferencia ‘O universo é un lugar estraño’ nunha sesión aberta a toda persoa interesada.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.10.2007.