A Fundación Galicia Europa edita unha guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais
A Fundación Galicia Europa presentou este xoves en San Xerome a súa Guía de Prácticas e Saídas Laborais na Unión Europea e Organizacións Internacionais, un manual destinado a orientar aos mozos galegos sobre as distintas oportunidades de formación e inserción laboral que se ofertan no eido comunitario e internacional.
No acto participaron o secretario xeral de Relacións Exteriores da Xunta de Galicia e director da Fundación, Julio Fernández Mato, e o vicerreitor de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández Prieto. Xunto a eles, expuxeron o seu testemuño tres mozos galegos con experiencias en distintas bolsas de formación universitaria, prácticas institucionais e proxectos de cooperación.
A Guía de Prácticas e Saídas Laborais na Unión Europea e Organizacións Internacionais é un manual próximo, elaborado por bolseiros da Fundación Galicia Europa con experiencia previa nas institucións da Unión Europea. Entre os contidos do libro pódense atopar prácticas na UE, bolsas de estudo, bolsas das Consellarías e saídas laborais en organismos relevantes como o Fondo Monetario Internacional, a OTAN ou a ONU.
Campaña nas universidades galegasUnha vez presentada formalmente a guía, o equipo técnico da Fundación Galicia Europa desprazarase a distintas facultades das tres universidades galegas para informar e orientar ao alumnado e continuar co reparto de exemplares.