Ir o contido principal

A Fundación Galicia Europa presenta unha guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

A Fundación Galicia Europa presenta este xoves, día 27, ás 12:00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome a súa Guía de Prácticas e Saídas Laborais na Unión Europea e Organizacións Internacionais, un manual destinado a orientar aos mozos galegos sobre as distintas oportunidades de formación e inserción laboral que se ofertan no eido comunitario e internacional.
No acto participan o director-apoderado da FGE e secretario xeral de Relacións Exteriores da Xunta de Galicia, Julio Fernández Mato, e o vicerreitor de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández Prieto. Xunto a eles, exporán o seu testemuño tres mozos galegos con experiencias en distintas bolsas de formación universitaria, prácticas institucionais e proxectos de cooperación. Finalizadas as intervencións, procederase a un reparto de exemplares do manual entre o público asistente.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.03.2008.