Ir o contido principal

A Fundación Universia lanza as Bolsas Capacitas para impulsar a formación de universitarios con discapacidade

A Fundación Universiaacaba de convocar o Programa de Bolsas Capacitas de axuda ao estudo no ámbito da ensinanza universitaria destinado a estudantes con discapacidade que queiran comezar unha formación universitaria ou continuar os seus estudos superiores. A convocatoria deste ano inclúe a III edición das Bolsas Capacitas-Fundación Universia e a I edición das Bolsas Capacitas-Empresa en colaboración con Endesa, HP, Pfizer e Santander.
Bolsas CapacitasO Programa contempla unha axuda económica e/ou técnica que lles permitirá acceder e progresar dunha maneira más fácil á formación académica universitaria. Poderán solicitar esta bolsa os estudantes que estean matriculados ou que o vaian facer por primeira vez en ensinanzas oficiais de grao nalgunha universidade española e que acrediten legalmente unha discapacidade igual o superior ao 33%.
Contémplanse tres modalidades de bolsa. As ‘de acceso’ e ‘de progreso’, que poderán ser renovadas anualmente ata un máximo de seis años, e as ‘de mobilidade’ dirixidas a estudantes que desexen realizar un curso académico nunha universidade distinta á súa de orixe. A Fundación Universia adxudicará un mínimo de 28 bolsas de, como máximo, 5.000 euros brutos cada unha.
Os interesados nas bolsas de mobilidade poderán presentar a súa solicitude ata o 1 setembro de 2009, rematando o prazo o 15 de novembro para as bolsas de acceso e de progreso. Os formularios e a documentación deberán presentarse por vía telemática en: http://www.fundacionuniversia.net/programas/igualdad/becas/detalleProgramas-797.do
Bolsas Capacitas EmpresaA Fundación Universia, en colaboración con Endesa, HP, Pfizer e Santander ofrece ademais outra axuda ao estudo no ámbito da ensinanza universitaria. O Programa de Bolsas Capacitas Empresa (http://www.universia.es/microsites/promociones09/fundacion_becas_capacitas_empresa/

) ten como obxectivo a integración laboral das persoas con discapacidade e así poder falar de igualdade de oportunidades.
Os requisitos para estas axudas son os mesmos que no caso anterior, mentres que neste programa se contemplan catro modalidades. As Bolsas Capacitas ENDESA e Capacitas HP están dirixidas a titulacións de enxeñaría, ADE e economía; as Capacitas-PFIZER a carreiras científicas; e, por último, as Capacitas SANTANDER están orientadas a titulacións do sector empresarial, dereito e matemáticas.
Adxudicaranse un mínimo de 3 bolsas en cada categoría, cuxo importe por estudante non excederá os 5.000 euros brutos. O prazo de solicitude remata o 15 de novembro de 2009. Os formularios xunto coa documentación deberán presentarse por vía telemática en: http://www.fundacionuniversia.net/programas/igualdad/becas/detalleProgramas-798.do

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.07.2009.