Ir o contido principal

A Fundación USC Deportiva celebrará en marzo un curso de básico de manexo de GPS

A Fundación USC Deportiva organiza a finais de marzo un curso sobre manexo de GPS que axudará aos seus usuarios a obter o máximo rendemento do dispositivo. A partir dunha sesión teórica, realizaranse probas de campo e unha sesión interactiva onde se analizarán os resultados obtidas nas probas de campo. Esta é unha iniciativa incluída na área de formación da Fundación USC Deportiva que impartirá Javier Aradas. O prezo da actividade é de 38 euros ou 43 euros incluída a comida e admitirán ata un máximo de 10 persoas e un mínimo de 6. Os obxectivos que se perseguen son a adquisición dos conceptos básicos para o coñecemento e bo uso do dispositivo GPS, o que axudará a valorar e interpretar os resultados obtidos mediante as diferentes alternativas que ofrecen os distintos software e utilidades. Os contidos do curso tratarán sobre nocións e fundamentos básicos, tipos e modelos de receptores, interpretación dos datos, cartografía, comunicacións, software, probas de campo e aplicacións. O curso celebrarase o 29 de marzo na Aula de Formación da Biblioteca Concepción Arenal cunha carga lectiva de 10 horas. As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao enderezo web www.fundacionuscdeportiva.org ou http://goo.gl/ub7m0U.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.02.2014.