Ir o contido principal

A Fundación USC Deportiva colabora coa asociación ASPAMITE nunha sesión de meditación para persoas con discapacidade

A Fundación USC Deportiva realizou un obradoiro no que persoas con discapacidade practicaron meditación, movemento terapéutico e danzaterapia. A actividade estivo organizada pola asociación sen ánimo de lucro Reiki Compostela e dirixida aos membros de ASPAMITE que seguiron as indicacións do profesor da Fundación USC Deportiva, Amancio Rial Bouza e se desenvolveu nas instalacións da USC. Participaron un total de 25 persoas con idades entre os 20 e os 60 anos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.06.2014.