Ir o contido principal

A Fundación USC Deportiva colabora co proxecto ‘Planta unha árbore no Bosque de Galicia’

A Fundación USC Deportiva colabora co proxecto ‘Planta unha árbore no Bosque de Galicia’
A Fundación USC Deportiva colabora co proxecto ‘Planta unha árbore no Bosque de Galicia’

A Fundación USC Deportiva colabora co proxecto ‘Planta unha árbore no Bosque de Galicia’, iniciativa que comezou o pasado 14 de febreiro e que se celebrará todos os sábados de febreiro, marzo e abril (agás o día 4) para contribuír á construción do Bosque de Galicia, unha nova zona verde de Santiago de Compostela a carón da Cidade da Cultura. Esta actividade é gratuíta, aínda que é preciso inscribirse previamente a través do formulario dispoñible na web da Fundación ou contactando a través do teléfono 881.975.399. A hora límite de inscrición será ata as 13.00 horas do venres anterior á celebración das actividades. A actividade comeza na entrada do Museo Centro Gaiás e continúa cun pequeno paseo onde se percorrerán os puntos máis significativos do futuro Bosque de Galicia. Na zona de plantación, as persoas que acudan plantarán a súa árbore co material facilitado pola organización e se lles realizará unha fotografía como lembranza da actividade xunto cun certificado de participación. Existe a posibilidade de participar en dúas quendas diferenciadas, ás 10.00 e ás 11.30 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.02.2015.