Ir o contido principal

A Fundación USC Deportiva coordina o programa Camiño ao Gaiás

A Fundación USC Deportiva coordina o programa Camiño ao Gaiás
A Fundación USC Deportiva coordina o programa Camiño ao Gaiás
Durante xullo, agosto e setembro realizaranse caminatas que unirán o centro de Santiago coa Cidade da Cultura

Durante os meses de xullo, agosto e setembro, a Fundación USC Deportiva organiza ‘Camiño ao Gaiás’, unha serie de andainas de aproximadamente catro quilómetros que dende a praza de Mazarelos conducirá ás instalacións da Cidade da Cultura percorrendo a valga do Sar e que rematará coa visita da exposición ‘Auga Doce’. Esta é unha das actividades incorporadas no programa ‘Verán no Gaiáis’ no que se inclúen máis de 90 actividades culturais, deportivas e de lecer. A actividade, que comezou o pasado día 3, desenvólvense os xoves de xullo (días 17, 24, 31), agosto ( días 7, 14, 21, 28) e setembro (días 4 e 11), iniciándose o percorrido ás 17.15 horas e chegando á Cidade da Cultura arredor das 18.15 horas. En Camiño ao Gaiás pode inscribirse calquera persoa que o desexe, se ben os menores de idade deberán ir acompañados dun/ha titor/a que igualmente debe inscribirse para a realización da actividade. Non obstante, a actividade non está recomendada para rapaces menores de 10 anos. A cota máxima por itinerario será de 25 persoas. En caso de haber máis inscricións que prazas, crearase unha lista de agarda ordenada pola orde de inscrición. A hora límite de inscrición será o mesmo día de realización da ruta ata as 14.00 horas. A inscrición nos roteiros pode realizarse dende a páxina da Fundación USC Deportiva ou www.cidadedacultura.org.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.07.2014.