Ir o contido principal

A Fundación USC Deportiva organiza un curso de iniciación ao Tai Chi e o Chi Kung

A Fundación USC Deportiva organiza un curso de iniciación ao Tai Chi e o Chi Kung
A Fundación USC Deportiva organiza un curso de iniciación ao Tai Chi e o Chi Kung

A Fundación USC Deportiva organizará en marzo un novo curso de iniciación ao Tai Chi e o Chi Kung. O alumnado poderá achegarse así á cultura e ás diferentes visións que certas disciplinas orientais teñen sobre o corpo e a mente, ademais de adquirir as ferramentas necesarias para acadar e manter un estado físico e mental saudable, ao tempo que coñecer algunhas técnicas de respiración, meditación e relaxación. O curso impartirao Carlos Fernández, profesor de tai chi, kung fu e mestre en diversas artes marciais, ademais de director do Centro Docente e Artístico Vitalia.

O curso desenvolverase os sábados 5 e 12 de marzo, en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 15.30 a 17.30 horas na Residencia Universitaria Monte da Condesa. Todas as persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición na web da Fundación USC Deportiva. O custe do curso é de 45€ (50,70€ incluíndo a comida dun día ou 56,40€ a de dúas xornadas) para un máximo de 15 persoas, polo que a organización recomenda realizar a reserva de praza o antes posible xa que se respectará rigorosamente a orde de inscrición para a adxudicación de prazas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.02.2016.