Ir o contido principal

A Fundación USC Deportiva organiza unha nova edición do curso monográfico de Tai chi

A Fundación USC Deportiva organiza unha nova edición do curso monográfico de Tai chi
A Fundación USC Deportiva organiza unha nova edición do curso monográfico de Tai chi

A Fundación USC Deportiva xunto co Servizo de Deportes da USC organizará o vindeiro 31 de xaneiro en Santiago un curso monográfico de Tai chi, a modo de achegamento á culturas e ás diferentes visións que certas disciplinas orientais teñen sobre o corpo e a mente. O alumnado que se matricula adquirirá ademais as ferramentas necesarias para acadar e manter un estado saudable física e mentalmente e coñecerán algunhas técnicas de respiración, meditación e relaxación. Dirixida a calquera persoa interesada no coñecemento destas técnicas, o curso impartírao Amancio Rial, profesor desta disciplina, de kung fu e de meditación da Fundación USC Deportiva. A inscrición é preciso formalizala a través da web da Fundación (www.fundacionuscdeportiva.org) e ten un custe de 35 euros (40,60 euros coa comida incluída), estando dirixida a un máximo de 20 participantes. Na xornada do día 31, o curso desenvolverase en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 15.30 a 17.30 horas na sala de artes marciais do Estadio de Atletismo (Campus Vida).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.01.2015.