A Fundación USC Deportiva organiza para o mes de setembro as últimas saídas de Camiño ao Gaiás e Rodando ao Gaiás
As saídas en bicicleta e a pé á Cidade da Cultura organizadas pola Fundación USC Deportiva para o mes setembro xa teñen data. Con esta quenda remata o programa de visitas estival ao monte Gaiás. As saídas de Camiño do Gaiás serán os mércores 5, 12, 19 e 26; a ruta familiar de Rondando ao Gaiás celebrarase o martes 18 de setembro e a ruta técnica será o martes 4 de setembro. Pódese atopar máis información sobre estas actividades na páxina web da Fundación USC Deportiva, desde a que se pode tamén realizar a inscrición a calquera delas.