Ir o contido principal

A Fundación USC Deportiva organiza rutas de sendeirismo gratuítas ao Monte Gaiás para visitar a Cidade da Cultura

A Fundación USC Deportiva organiza, en colaboración coa Fundación Cidade da Cultura de Galicia, unha serie de rutas gratuítas ao Monte Gaiás nos vindeiros meses de xullo, agosto e setembro. Trátase dunha camiñada de seis quilómetros que vai desde a Praza de San Roque en Compostela ata a Cidade da Cultura pasando por Belvís e Bonaval. Ao chegar ao Gaiás haberá unha visita guiada dunha hora de duración. O percorrido remata na Colexiata do Sar. As rutas saen ás 18:00 horas dende a Praza de San Roque os días 20 de xullo, 10 e 26 de agosto e 9 e 21 de setembro. Os grupos son de 25 persoas máximo e a inscrición deberase facer na páxina web www.fundacionuscdeportiva.org.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.07.2010.