Gaceta Dental premia un traballo de estudantes de posgrao da USC

Os doutorandos da Universidade de Santiago Víctor Quintas González e Isabel Prada López acadaron un dos XVI Premios Gaceta Dental polo seu artigo científico ‘DIFES: un novo modelo in situ para a análise do biofilm oral’. O traballo publicarase no vindeiro número de Gaceta Dental, unha das publicacións odontolóxicas en español de maior difusión. Víctor Quintas e Isabel Prada, premios fin de carreira e de máster pola USC, pertencen ao grupo de investigación Oral Sciences Research Group dirixido por Inmaculada Tomás no Departamento de Estomatoloxía da USC. O premios outorgáronse nunha gala celebrada o pasado día 19 de setembro en Madrid e que contou coa presenza do presidente do consello de dentistas, Alfonso Villavigil, e o presidente do Colexio de Odontólogos e Estomatólogos da provincia da Coruña e profesor no Departamento de Estomatoloxía da USC, Jose María Suárez Quintanilla.