Ir o contido principal

García Freire trata este xoves na Escola Politécnica a produción, transformación e venda nas explotacións agrarias pequenas

A conferencia do propietario de Casa da Fonte é de acceso libre e desenvolverase este xoves, a partir das 18.00 horas, na sala de xuntas da Escola Politécnica Superior

O enxeñeiro agrónomo e propietario de Casa da Fonte, Xosé García Freire, ofrecerá este xoves, a partir das 18.00 horas, na sala de xuntas da Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC, a conferencia ‘Producir, transformar, vender. É posíbel para unha pequena explotación: Casa da Fonte?’ .

Este relatorio, que se inclúe dentro das actividades programadas para o segundo semestre do curso 2016-2017 polo Grupo de Innovación Docente Ruralia, está integrada no ciclo ‘Na EPS queremos aprender’.

As persoas que acudan a esta sesión, de acceso libre e gratuíto, poderán achegarse e afondar sobre unha temática de máxima actualidade, tal e como o son as posibilidades que as as pequenas e medianas unidades de produción agraria teñen ao seu alcance para comezar procesos de transformación e venda de produtos alimentarios.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.03.2017.