Ir o contido principal

García Herradón presenta este venres na Politécnica o libro ‘Territorios a exame II. Interpretando os procesos de cambio’

Ramón Villares, autor do prefacio dun volume que recompila nove traballos finais do Máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio, tamén participará no acto

O vicerreitor de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, Pedro García Herradón, presentará este venres, a partir das 18.30 horas, na sala da xuntas da Escola Politécnica Superior, o libro ‘Territorios a exame II. Interpretando os procesos de cambio’, un volume que compila nove dos mellores traballos finais do Máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio presentados no curso 2011-2012.

O presidente do Consello da Cultura Galega e catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago, Ramón Vilares Paz, que tamén a autor do prefacio deste volume, tamén asistirá á presentación desta nova publicación da USC. O director da Escola Politécnica Superior, Javier Bueno Lema; o actual coordinador do Máster Universitario en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio, David Miranda, e responsables da edición deste volume, Rafael Crecente Maseda e Urbano Fra Paleo, tamén participarán no acto. Os contidos dos distintos artigos compilados nesta publicación da Universidade de Santiago tamén están accesibles ao público na dirección electrónica http://masterterra.usc.es.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.01.2014.