Ir o contido principal

García Herradón resalta o interese de titulacións como Nutrición Humana e Dietética no marco especializado do Campus Terra

Cleofé Pérez, García Herradón, Martínez Ageitos e José Antonio López, na presentación das xornadas sobre nutrición en Ciencias
Cleofé Pérez, García Herradón, Martínez Ageitos e José Antonio López, na presentación das xornadas sobre nutrición en Ciencias
Os factores de risco cardiovascular e os trastornos da conduta alimentaria son temas de debate na xornadas de nutrición que citan a preto de 150 asistentes en Ciencias

O vicerreitor de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, Pedro García Herradón, salientou que o grao en Nutrición Humana e Dietética é unha das titulacións que vai na mesma sintonía que a orientación que lle pretende dar a Universidade de Santiago a campus de Lugo a través do Campus Terra, un plano estratéxico que vén de ser adxudicado e que será unha realidade nos vindeiros meses, comentou.

García Herradón fixo estas declaracións no transcurso do acto de inauguración da terceira edición das Xornadas de Nutrición Clínica e Dietética Aplicada de Galicia, un foro organizado pola Asociación Galega de Dietistas e Nutricionistas, que congrega na Facultade de Ciencias preto de 150 estudantes e profesionais, que debatirán sobre temas actualidade e de interese social como o son a importancia da dieta á horade previr riscos cardiovasculares, os trastornos da conduta alimentaria ou as alerxias e intolerancias alimentarias. O vicerreitor de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, Pedro García Herradón, que abriu este foro no transcurso dun acto no que tamén interviron o decano da facultade, José Manuel Martínez Ageitos; o presidente da Asociación Galega de Dietistas de Nutricionistas, José Antonio López, e Cleofé Pérez-Portabella, dietista nutricionista da Universidade de Vic, animou aos estudantes que están a piques de rematar o grao en Nutrición Humana e Dietética a traballar con ilusión para dar o salto ao mercado laboral. García Herradón lembrou asemade a elevada demanda que está a ter o grao de Nutrición Humana e Dietética, unha titulación única no Sistema Universitario Galego cuxa temática e contidos gardan unha estreita relación coa seguridade alimentaria, unha ampla área de actuación que abrangue desde a produción e o control dos alimentos ata o seu consumo por parte da poboación. Programa das xornadas As técnicas culinarias de elección como estilo de vida sauble centrou o relatorio de apertura deste foro, no que distintos relatores tamén abordaron a dieta e os factores de risco cardiovascular, a vantaxes e os mitos sobre a lactancia materna ou as recomendacións nutricionais baseadas na evidencia para a prevención de o tratamento do sobrepeso e da obesidade en adultos.

Unha táboa redonda sobre as declaracións nutricionais e das propiedades saudables dos alimentos e o nutricionismo, e outra sobre trastornos da conduta alimentaria centraron a temática deste foro en quenda de tarde, cando, entre outros temas, tamén se abordou o tema das alerxias e intolerancias alimentarias.

Asistentes as III Xornadas de Nutrición Clínica e Dietética Aplicada, organizadas pola Asociación Galega de Dietistas e Nutricionistas na Facultade de Ciencias

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.10.2013.