Ir o contido principal

González-Páramo, conselleiro executivo do Banco Central Europeo, analiza en Santiago os primeiros dez anos do euro

O conselleiro executivo do Banco Central Europeo, José Manuel González-Páramo, impartirá este venres, día 27, unha conferencia en Santiago enmarcada no Máster en Administración Financeira e Tributaria da USC que dirixe o catedrático Luis Caramés.
A conferencia, que se desenvolverá ás 12:00 horas no Salón de Actos da Cámara de Comercio de Santiago (San Pedro de Mezonzo, 44 baixo), leva por título ‘O Euro, a nosa moeda: Os dez primeiros anos’.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.06.2008.