Gradiant presentará no CiTIUS as súas liñas de traballo
Gradiant, Centro Tecnolóxico de Telecomunicación de Galicia, presentará na USC as súas liñas de traballo este venres 13 nun acto no Centro singular de Investigación en Tecnoloxías da Investigación (CiTIUS). Da man do seu director David Vázquez Cortizo, e do seu director de Innovación, Luis Pérez Freire, a xornada permitirá unha posta en común con investigadores do centro universitario na procura de vías de colaboración conxunta. O encontro comezará ás 12.30 horas no Salón de Actos do CiTIUS cunha exposición das actividades e liñas de traballo en áreas técnicas ao que seguirá un debate posterior. Gradiant creouse en 2007 como unha fundación cuxo padroado integran ademais da USC a Xunta de Galicia, as universidade da Coruña e Vigo, e diversas empresas do sector. Ofrece servizos de I+D+i ao sector empresarial das telecomunicacións.