Ir o contido principal

Graduación da promoción 2004-2009 da Licenciatura de Farmacia

A promoción 2004-2009 da Licenciatura de Farmacia celebra este sábado 18 o seu acto corporativo de graduación nunha sesión que se vai desenvolver a partir das 19:00 horas na Capela Real do Hostal do Reis Católicos.
Baixo a presidencia da vicerreitora de Investigación, María José Alonso, o acto comezará coa intervención dos representantes dos colexios oficiais de farmacéuticos de Galicia, seguido do decano da Facultade, Juan José Torres Labandeira. A entrega de placas aos farmacéuticos do programa de prácticas tuteladas e dos diplomas de Premios Extraordinarios de Licenciatura, dará paso á intervención do padriño da promoción.
Os novos titulados realizarán deseguido o xuramento hipocrático e recibirán unhas insignias conmemorativas. A vicerreitora Mª José Alonso pechará o acto.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.04.2009.