Ir o contido principal

Gradúase a primeira promoción en Administración e Dirección de Empresas

A I Promoción do Grao en Administración e Dirección de Empresas celebra este xoves 8 a súa graduación nun acto que preside a vicerreitora de Economía e Infraestruturas, Sara Cantorna, ás 17.00 horas no Auditorio de Galicia. Apadriña a promoción Philippe Alluard, presidente de TAG Heuer Iberia, África e Mediterráneo. Na cerimonia, ademais do padriño, intervirán os alumnos Adolfo Fernández e Diego Silva; os profesores Juan Luis Castromán Diz e Enrique Curto Rodríguez; o presidente do Consello Galego de Colexios de Economistas, Roberto Pereira Costa; e a decana da Facultade, María Emilia Vázquez Rozas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.06.2013.