Ir o contido principal

O Grao de Administración e Dirección de Empresas celebra esta tarde o acto de graduación

A promoción que este ano remata o Grao en Administración e Dirección de Empresas reúnese esta tarde, a partir das 18.00 horas no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, para celebrar a súa graduación, que presidirá a vicerreitora de Investigación e Innovación da USC, Isabel Rodríguez-Moldes Rey.

Ademais da madriña da promoción Rosa Blanca Rodríguez Gutiérrez, no acto participarán os estudantes Noelia García Caamaño e Alexandre Fernández Rodríguez; a profesora Aibar Guzmán; o decano-presidente do Colexio de Economistas da Coruña, Miguel Ángel Vázquez Taín; e a decana do centro, Emilia Vázquez Rozas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.06.2016.