Ir o contido principal

O grupo Hispalink presenta en Santiago as súas predicións para a economía española en 2010 e 2011

Os resultados ofreceranse nunha rolda de prensa enmarcada nas XV Xornadas de Hispalink- Modelización rexional integrada

Os grupos de investigación en economía aplicada de universidades españolas integrados no ProXecto Hispalink–para a revisión e mellora permanente da análise da situación actual e perspectivas económicas das rexións españolas- reúnense na USC este xoves, 1 de xullo, nas XV Xornadas de Hispalink- Modelización rexional integrada. O encontro inaugurarao ás 10:15 horas no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais a vicerreitora de Economía, Sara Cantorna Agra, acompañada do director do Instituto Galego de Estatística, José Antonio Campo Andión; e o presidente de Hispalink e premio de economía Infanta Cristina, Antonio Pulido. No transcurso desta xuntanza presentaranse en rolda de prensa ás 11:45 horas as predicións rexionais, e para o conxunto da economía española, para os anos 2010 e 2011 realizadas pola rede de equipos do grupo Hispalink. Interveñen Antonio Pulido, a profesora da USC Carmen Guisán e a secretaria xeral de Hispalink, Ana López. O resto da xornada complétase con dúas sesións de presentación de relatorios sobre as economías do Camiño de Santiago a cargo de expertos universitarios pertencentes ao proxecto Hispalink. Rematará a sesión pola tarde coa asemblea xeral para tratar cuestións de futuro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.06.2010.