Ir o contido principal

O grupo de investigación VALFINAP promove SAGEFER, un sistema integrado de apoio á xestión forestal en rede

O grupo de investigación VALFINAP promove SAGEFER, un sistema integrado de apoio á xestión forestal en rede
O grupo de investigación VALFINAP promove SAGEFER, un sistema integrado de apoio á xestión forestal en rede

A USC, a través do grupo de investigación Valoración Financeira Aplicada (VALFINAP), acaba de crear o grupo operativo SAGEFER, iniciativa que ten a súa orixe na necesidade de desenvolver unha solución que dinamice o recurso forestal e os axentes con el vinculados, para así dar resposta aos moitos problemas que afectan á realidade forestal (despoboamento do medio rural, escasa cultura forestal, deficiente protección medioambiental ou déficit innovador, entre outros). Integran tamén este proxecto outras seis entidades españolas: a Asociación Española para a Sustentabilidade Forestal (PEFC España), a Deputación Provincial de Ávila, a Federación de Asociacións Forestais de Castela e León (FAFCYLE), GEODEL SC, Geograhica Aplicada SL e a empresa Sistemas de Desarrollo Integral del Territorio SL, encargada da coordinación do grupo.

Como explican o grupo de investigación da USC, en España, entre un 40-50% da súa superficie forestal está a ser infrautilizada, e polo tanto, non está a xerar os beneficios económicos e sociais que realmente podería. Neste contexto, SAGEFER ten entre os seus obxectivos a valorización do territorio forestal, a xeración de emprego rural ou a mellora na profesionalización da xestión de montes e na efectividade das administracións públicas na posta en marcha de proxectos e programas.

Baseado en tecnoloxía SIG, o proxecto pretende ser unha ferramental funcional que opere no territorio e ofreza resultados medibles diariamente, cun impacto moi potentes na economía e o medio, explican os seus promotores. A proposta formulada polo grupo operativo baséase no autofinanciamento de cada territorio permitindo que sexan os actores relacionados co recursos forestal e os beneficiarios desta ferramenta/servizo os que contribúan ao seu funcionamento. En opinión dos seus promotores, este enfoque garante a viabilidade económico da iniciativa.

Na actualidade, o grupo SAGEFER atópase na fase de deseño do proxecto de innovación, logo da celebración de dúas xornadas de traballo (unha primeira no mes de xullo en Santiago de Compostela e unha segunda no mes de setembro en Madrid), que teñen permitido o deseño dos obxectivos e a delimitación do alcance, así como das actividades e tarefas que conformarán o proxecto. Nunha segunda fase abordarase a súa execución, que incluirá, entre outras actividades, o deseño e desenvolvemento dun software de apoio á xestión forestal baseado na tecnoloxía SIG, así como a posta en práctica de accións piloto en diferentes territorios nacionais.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.09.2018.