Ir o contido principal

O grupo Música Doméstica fará resoar música renacentista nun concerto na Igrexa da Universidade

O grupo Música Doméstica propón este mércores 4 no concerto ‘De Isabel a Elisabeth’ unha viaxe temporal a través da Europa renacentista pasando por Francia, Inglaterra, Italia e España, co fin de achegar de novo a música que soaba nas cortes das principais potencias europeas dende a España de Isabel A Católica ata o momento do reinado de Elisabeth I de Inglaterra.
A partir das 20:30 horas a música resoará na Igrexa da Universidade cun dobre sentido, didáctico e artístico, xa que esta actividade promovida pola comisión cultural da Facultade de Ciencias da Educación pretende completar a formación recibida polo alumnado da titulación de mestre especialista en Educación Musical. A entrada é libre ata completar o aforo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.11.2009.