Ir o contido principal

O grupo de teatro da Bal y Gay clausura as actuacións do curso cunha 'Noite de teatro' o luns na residencia

A Vicerreitoría de Cultura da USC celebra este luns na Residencia Universitaria Bal y Gay de Lugo unha ‘Noite de Teatro’. Durante esta festa o grupo de teatro independente creado nesta residencia ofrecerá varias das performances que ten realizado ao longo do curso.
As actuacións teatrais estarán acompañadas pola música do grupo GREX, coñecido polos seus traballos para distintas obras. Así mesmo, actuarán outros membros da residencia con monólogos e pequenas interpretacións.
A ‘Noite de Teatro’ dará comezo ás 21:30 horas no salón de actos do centro e están invitados a participar todos os membros da comunidade universitaria. Organizouse como actividade de final de curso para este grupo que naceu este ano baixo a dirección de Laura García Recio, membro da Compañía de Teatro da USC-Campus de Lugo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.05.2008.