Ir o contido principal

Un grupo de universitarios asume a xestión e reabre ao público o comedor da residencia Bal y Gay

Asistentes á inauguración da nova cafetería da residencia Bal y Gay
Asistentes á inauguración da nova cafetería da residencia Bal y Gay

A residencia universitaria Jesús Bal y Gay do campus de Lugo abriu de novo o novo o servizo de cafetería e comedor grazas á iniciativa dun grupo de cinco estudantes universitarios que xa teñen constituída unha empresa e que buscan con esta iniciativa empresarial acadar diñeiro para sufragar os seus estudos.

A reapertura da cafetería e do comedor da residencia Jesús Bal y Gay, unha prestación da que carecía este centro universitario integrado no Servizo de Residencias Universitarias da USC desde hai varios anos, congregou un bo número de estudantes, así como a diversos profesores do campus. O vicerreitor de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, Pedro García Herradón, e a vicexerenta Carmen Varela, tamén apoiaron coa súa presenza na festa de inauguración, a este grupo de emprendedores. O director da residencia Jesús Bal y Gay, Xesús Feás, sinalou que a posta en funcionamento deste servizo de cafetería constitúe un atractivo máis do centro e agarda que sirva para dinamizar e favorecer a convivencia dos residentes, en particular, e do colectivo universitario, nun aspecto máis amplo. A empresa concesionaria deste servizo universitario, Noldorin SL, presenta ademais a particularidade que conta cun capital social integramente universitario. De feito, esta firma naceu como tal no ano 2012 a iniciativa dun grupo de estudantes do campus de Lugo movidos pola necesidade de obter ingresos económicos para sufragar os seus estudos universitarios. O vicerreitor Pedro García Herradón e varios docentos do campus asistiron á festa de apertura Tres dos estudantes emprendedores que rexentan este novo servizo de hostalería posto en marcha na residencia Bal y Gay

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.01.2014.