Ir o contido principal

O grupo xuvenil lugués 'Smiling drops' actúa este luns dentro do ciclo Músicas na vidreira

O grupo lugués de pop-rock xuvenil ‘Smiling drops’ será o protagonista do sétimo concerto do ciclo Músicas na vidreira, unha iniciativa organizada no marco do convenio Lugo Cultural, que terá lugar este luns 10 ás 14:00 horas na vidreira da Facultade de Veterinaria de Lugo.
Neste recital interpretarán as súas cancións Sé tu mismo e Blue Star xunto ao tema In yours de Jason Mraz.
O grupoO grupo ‘Smiling drops’, creado en Lugo a comezos de 2009, compóñeno cinco mozos con idades comprendidas entre os dezasete e os vintedous anos, Juan Fórneas (voz), Hervé Sancosmed (voz), Manuel Iglesias (baixo), Jhonatan Pita (batería) e Alejandro Junquera (guitarra).
No seu ano de traballo conxunto, estes mozos actuaron en diferentes festivais organizados na capital luguesa, e actualmente concursan no certame nacional ‘Musicaula’ representando ao instituto Politécnico. Os gañadores deste concurso, no que participan grupos musicais de institutos de toda España, poderán gravar un disco e rodar un videoclip.
Apoio aos novos intérpretesO ciclo ‘Músicas na vidreira’ naceu este ano académico co obxectivo de complementar a oferta da programación de música clásica de ‘Músicas a carón da Mosqueira’, ao tempo que pretende servir de apoio aos novos intérpretes lugueses que, cos seus diferentes conservatorios ou agrupacións, teñen a oportunidade de ofrecer actuacións musicais duns trinta minutos de duración na vidreira de Veterinaria.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.05.2010.