Ir o contido principal

Herminio Barreiro recibe unha homenaxe in memorian no Paraninfo da Universidade

O reitor presidiu o acto homenaxe celebrado no Paraninfo da Universidade
O reitor presidiu o acto homenaxe celebrado no Paraninfo da Universidade

O Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia) acolleu este xoves 17 a homenaxe in memoriam ao profesor Herminio Barreiro que organiza a Fundación 10 de Marzo coa colaboración da USC, a Real Academia Galega, a federación de Ensino de CCOO e o Ateneo de Santiago.

Na sesión c interviñeron o reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares; o presidente da Real Academia Galega, Xosé L. Méndez Ferrín; o profesor de Ensino Primario Xosé Barral; o integrante do Foro pola Memoria Histórica de Galicia e obreiro xubilado, Xesús Redondo Abuín; o investigador David Barreiro Martínez; e Ricardo Gurriarán en representación da Fundación 10 de Marzo. Asiste tamén ao acto, o presidente do Consello Social da USC, Manuel Puga Pereira.

Asistiu un numeroso grupo de persoas procedentes de distintos lugares da comunidade

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.02.2011.