Ir o contido principal

‘Historia dun campesiño’, novo seminario de debate de Histagra

O Grupo de Investigación HISTAGRA desenvolve este venres 19 de abril un novo seminario de debate, esta vez co profesor da Universidade de La Rioja Carlos Gil Andrés como investigador convidado. Baixo o título ‘Historia dun campesiño. Historia Social, biografía e fontes orais’, o seminario xirará arredor da investigación histórica que deu lugar ao seu libro Piedralén: Historia de un campesino: De Cuba a la Guerra Civil. Nesta ocasión os seminarios trasládanse ao Consello da Cultura Galega, con quen se co organiza a actividade que comezará ás 10.00 horas coa profesora e investigadora de HISTAGRA Aurora Artiaga, que realizará unha introdución crítica á obra de Carlos Gil Andrés. Gil Andrés (Logroño, 1968) é profesor de historia no IES Rey Don García de Nájera (La Rioja) e profesor asociado na Universidade de La Rioja. Publicou, entre outros traballos, Echarse a la calle. Amotinados, huelguistas y revolucionarios. La Rioja, 1890-1936 (Zaragoza, Prensas Universitarias, 2000); La República en la plaza: los sucesos de Arnedo de 1932 (Logroño, Instituto de Estudios Riojanos, 2002); Lejos del frente. La guerra civil en la Rioja Alta (Barcelona, Crítica, 2006); Historia de España en el Siglo XX e Breve historia de España en el siglo XX (Barcelona, Ariel, 2009 y 2012), xunto a Julián Casanova; Piedralén. Historia de un campesino. De Cuba a la Guerra Civil (Madrid, Marcial Pons, 2010); e 50 cosas que hay que saber sobre Historia de España (Barcelona, Ariel, 2013).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.04.2013.