Ir o contido principal

O historiador Pablo C. Díaz Martínez abre o luns un ciclo de conferencias sobre Antigüidade Tardía na Vicerreitoría de Lugo

Cartaz do ciclo 'Sociedades en Tranformación'
Cartaz do ciclo 'Sociedades en Tranformación'
O programa de divulgación científica promovido polos profesores da USC Dolores Dopico Caínzos e Manuel Villanueva Acuña, inclúe seis relatorios ata o 27 de setembro

O ciclo de conferencias sobre Antigüidade Tardía ‘Sociedades en Transformación, un foro organizado polos profesores de Historia Antigua da USC e integrantes do Grupo de Estudios para a Prehistoria do NW Ibérico - Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio, María Dolores Dopico Caínzos e Manuel Villanueva Acuña, citará do 17 ao 27 de setembro, no edificio da Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo, a media ducia de profesores e investigadores de recoñecido prestixio, que abordarán noutros tantos relatorios diversos aspectos (relixiosos, culturais, sociais…) característicos da última etapa do Imperio romano.

O obxectivo deste programa de conferencias, un ciclo que abrirá o luns 17, a partir das 19.30 horas, o historiador e catedrático de Historia Antiga da Universidade de Salamanca, Pablo de la Cruz Díaz Martínez, co relatorio ‘Os bárbaros e caída do Imperio romano en Occidente’, e afondar no coñecemento da última etapa do Imperio romano, un período coñecido como Antigüidade Tardía, e do que datan a maioría dos xacementos e monumentos que temos na cidade de Lugo”, segundo indicou a profesora Dolores Dopico.

Este ciclo monográfico sobre Antigüedad Tardía terá continuidade ata o xoves 20 con tres novas sesións. A catedrática da Universidade de Cantabria María del Mar Marcos Sánchez ofrecerá o martes 18 o relatorio ‘ O mercado das relixións no Mediterráneo tardo-antigo’. Ao día seguinte, a tamén catedrática da Universidade de Málaga Clelia Martínez Maza ofrecerá unha intervención baixo o título ‘O eremitismo, camiño de perfección no Cristianismo tardo-antigo’. A catedrática da Universidade de Zaragoza Victoria Escribano Paño pechará o xoves esta primeira quenda de relatorios do ciclo coa exposición ‘Construíndo o herético: unha visión renovada sobre Prisciliano’.

O programa do ciclo ‘Sociedades en Transformación’ inclúe tamén o 26 de setembro o relatorio ‘ Asfixiados polo Estado: os cambios sociais e administrativos’, a cargo do catedrático da Universidade de León Manuel A. Rabanal. O tamén profesor da Universidade de León Santiago Castellanos García pechará a programación de conferencias ao día seguinte cun relatorio que se desenvolverá baixo o título ‘Godos: entre Roma e Toledo’.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.09.2018.