Ir o contido principal

Hoxe celébrase o Día do Grupo Compostela

Hoxe, 21 de xaneiro, celébrase o Día do Grupo Compostela de Universidades (CGU), unha asociación de universidades con máis de 20 anos de traxectoria que fomenta a cooperación e promove o diálogo en todos os campos da educación superior. Creado a iniciativa da Universidade de Santiago de Compostela, está actualmente formada por 66 universidades de 28 países diferentes. O CGU ofrece oportunidades para participar en proxectos internacionais, formación internacional e desenvolvemento profesional (para persoal e estudantes, a través dos programas STELLA e STELLA Junior) e recoñecemento e promoción a nivel global (Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia, Concurso de Vídeos de Estudantes, publicacións...). Ademais, dá acceso a unha ampla e diversa rede de contactos de universidades e establece enlaces con outras asociacións, empresas e institucións. O Grupo Compostela ten presenza nas principais redes sociais: Facebook, Facebook for Students, Twitter e LinkedIn.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.01.2015.