O IBADER publica a sexta edición da revista científica Recursos Rurais

A revista Recursos Rurais do Instituto de Biodiversidade Agraria e Recursos Rurais (IBADER) conta xa cunha nova edición que foi publicada no mes decembro a través do Servizo de Publicacións da USC. Trátase do sexto número da que é a única revista de caracter científico impulsada dende a USC, despois de Nova Acta Científica Compostelana.
O IBADER pretende potenciar cada vez máis esta publicación de carácter técnico entre a comunidade universitaria e investigadora tanto da USC como no ámbito científico exterior ao estar catalogada para a produción científica. A publicación, que se edita dende hai cinco anos, está presente en bases de datos no ámbito nacional e internacional e conta cunha boa valoración a nivel iberoamericano, sendo un dos próximos obxectivos a publicación dos artigos en inglés.
Contidos No número seis de Recuros Rurais numerosos autores vinculados na súa maioría ao ámbito investigador e docente da USC publican un total de sete artigos científicos sobre ‘Propiedades Físicas da Madeira de exemplares novos de Alnus Glutinosa’;Caracterización dos cambios na superficie agrícola mediante técnicas de regresión: Comarca Terra Chá 1966-2004’; ‘Aportacións sobre a tipoloxía e composición florística dos bosques mesófilos de quercíneas do occidente da Cornixa Cantábrica’; Estudio de la capacidad germinativa de Arnica montana L. en Galicia’; ‘Os efectos das infraestruturas humanas sobre a fauna galega de interese veterinario’; ‘O emprego de un compost de algas e restos de pescado como sustrato para la producción de plantas hortícolas’ e ‘ Avaliação de estado nutricional da mangueira Tommy Atkins no submédio do vale do río São Francisco: cálculo dos índices DRIS’. A publicación A serie Científico-Técnica de Recursos Rurais publica artigos, revisións, notas de investigación e reseñas bibliográficas. Os artigos, revisións e notas deben ser orixinais, sendo avaliados previamente polo Comité Editorial e o Comité Científico Asesor desta publicación. Os traballos non foron publicados anteriormente, excepto como resumo ou como parte dun libro, revista ou tese doutoral; que non se está considerando a súa publicación noutro medio e os autores ceden o copyright á revista. Na actualidade, a revista Recursos Rurais inclúese nas seguintes bases de datos: Latindex, ICYT (CSIC), Rebiun e Cirbic. Obxectivos Unha das actividades do Ibader é a publicación e difusión de información científico técnica sobre o medio rural dende unha perspectiva pluridisciplinar. Con este obxectivo creouse esta revista en formato papel e dixital orientada a fortalecer as sinerxías entre os colectivos vinculados ao I+D+I no ámbito da conservación e xestión da Biodiversidade e do Medio Ambiente dos espazos rurais, os Sistemas de Produción Agrícola, Gandeira e Forestal, e a Planificación do Territorio, tendentes a propiciar o Desenvolvemento Sostible dos recursos naturais. A temática supera o ámbito xeográfico de Galicia, suscitándose por iso unha revista que permita a difusión e intercambio de experiencias focalizadas nos territorios rurais europeos e iberoamericanos. A organización da revista estrutúrase a través dun Comité Científico de carácter internacional. Os labores executivos son desenvolvidos polo Comité Editor integrado por membros do Consello Científico do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural e dos membros da Comisión de Publicacións da Universidade de Santiago. O Comité Editor é apoiado por un Comité Asesor formado por investigadores nacionais e estranxeiros de recoñecido prestixio no campo da xestión dos recursos naturais, os sistemas de produción agrícola, gandeira, forestal e no ámbito da planificación do espazo rural.vindeiro 3 de febreiro en Madrid nun acto ao que están convidados todos os finalistas.