Ir o contido principal

O IDEGA ofrece o mércores unha sesión científica na Escola Politécnica Superior sobre alimentos ecolóxicos

O Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) continuará este mércores 7 coas sesións científicas que están a desenvolver na Escola Politécnica Superior de Lugo.
Nesta ocasión, a charla correrá a cargo de Elena Freire Paz, cunha intervención co título ‘Baixo o paraugas da tradición: O consumo de alimentos ecolóxicos no século XXI’. A reunión será na Aula 15 da EPS, ás 19:00 horas.
O último dos relatorios deste ciclo, que deu comezo no mes de marzo, impartirao Melinda Barrio, do IDEGA, que se centrará nos danos ambientais por incendios. Será na mesma aula o 28 de maio, tamén ás 19:00 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.05.2008.