Ir o contido principal

O Idega revisa as achegas máis importantes das mulleres economistas ao pensamento económico

A presenza das mulleres na historia do pensamento económico centra este luns, día 3 de setembro, unhas xornadas que se desenvolven na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais organizadas polo Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (Idega).
En catro sesións, os expertos revisarán as achegas máis importantes das mulleres economistas ao Pensamento Económico, seguindo unha liña cronolóxica que vai dende Jane Marcet e Harriet Martineau ata Elisabeth Boody Schumpeter ou Edith Penrose.
Entre outros, os relatorios profundarán nas ensinanzas de Concepción Arenal, a difusión das teorías de Marx a través de Rosa Luxemburgo, a defensa do capitalismo de Ayn Rand ou as teses da historiadora Marjorie Grice-Hutchinson.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.09.2007.