Ir o contido principal

Ignasi Terraza Trío ofrece o espectáculo ‘Imaxinando Miró’ este martes na Casa do Saber, no marco do Festival de Jazz de Lugo

Ignasi Terraza
Ignasi Terraza
O concerto, de entrada libre e de balde, comezará ás 20.00 horas.

Ignasi Terraza Trío, unha formación liderada polo pianista Ignasi Terraza, e da que tamén forman parte Horacio Fumero, contrabaixo, e Esteve Pi, na batería, presentará este martes, a partir das 20.00 horas, o espectáculo ‘Imaxinando Miró’, no marco do Festival de Jazz Lugo 2015.

‘Imaxinando Miró’, unha creación na que jazz e pintura danse a man grazas a unha serie de pezas compostas por Ignasi Terraza e inspiradas nos cadros de Joán Miró, convida a participar da arte de xeito moi diferente e a través do que tamén se busca sensibilizar ao público sobre o emprego das ferramentas de accesibilidade para persoas con discapacidade visual en museos e instalacións culturais.

O concerto que ofrecerá este martes a formación liderada por Ignasi Terraza, considerado como herdeiro de Tete Montoliu, aínda que cun estilo propio que o ten convertido nun dos pianistas cataláns máis populares, é a terceira das actuacións musicais programadas no marco do Festival de Jazz en Lugo 2015.

A entrada é libre e de balde ata completar o aforo do auditorio da Casa do Saber, con capacidade para unhas 100 persoas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.11.2015.