Ir o contido principal

A Igrexa da Universidade acolle unha homenaxe a José López Calo

O grupo E-Ultreia ofrecerá un concerto este venres 27 ás 20.30 horas na Igrexa da Universidade como homenaxe a José López Calo, ‘Padre Calo’, con motivo do seu 90 aniversario. O programa do recital está composto por obras transcritas polo propio Padre Calo, catedrático de Historia da Música na USC, ademais de incluír un motete de Jerónimo de Carrión..

Promovido pola Asociación de Amigos da Ópera de Santiago, o acto conta coa colaboración da USC e da Fundación Araguaney-Puente de Culturas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.04.2012.