Ir o contido principal

A Igrexa da Universidade acolle unha instalación de Quintana Martelo

A intervención complementa a antolóxica do artista compostelán que se expón no Auditorio de Galicia

A Vicerreitoría de Cultura da USC colabora coa Concellaría de Cultura de Santiago na exposición antolóxica de Quintana Martelo, que se inaugurou este mércores 27 no Auditorio de Galicia. Así, na Igrexa da Universidade ten lugar unha instalación do autor na que recrea o seu propio taller así coma unha serie duns oitenta gravados. A mostra poderá visitarse ata o 9 de decembro.
Trátase dunha retrospectiva deste artista compostelán composta por sesenta obras –ás que hai que engadir a instalación da Igrexa- que nos achegan a súa traxectoria: os anos de formación en Cataluña e as primeiras pinceladas expresionistas para despois deterse nunha extensa selección de obras das últimas décadas, cando o autor se decanta por un estilo persoal, que atravesa nos anos de Atlántica unha época marcadamente xestual e alenta, posteriormente, unha figuración matizada por constantes fixas como son a construción planimétrica do cadro, a fusión nun mesmo espazo da abstracción e a figuración e plasticidade das texturas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.09.2007.