Ir o contido principal

A Igrexa da Universidade acolle este mércores o Concerto de Nadal de Mans Unidas

A Igrexa da Universidade acolle este mércores o Concerto de Nadal de Mans Unidas
A Igrexa da Universidade acolle este mércores o Concerto de Nadal de Mans Unidas

O Coro de Cámara ‘Si vis me canere’ baixo a dirección de Mateo Iglesias ofrecerá o Concerto de Nadal de Mans Unidas, este mércores 4 de xaneiro ás 19.30 horas na Igrexa da Universidade promovido pola Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social e Mans Unidas.

O repertorio desta actuación consta de dúas partes comezando cos temas Four old english carols de G. Holst; A un niño llorando al hielo de F. Gerrero; Drei geistliche lieder e Hark! The herald angels sing de Mendelssohn; Angels’ Carol de J. Rutter, ademais da peza popular inglesa I saw tree ships.

Na segunda parte, reanudará o programa Dicen que dicen, dicen, mán de J. García Ro; A la huella, a la huella, de Ariel Ramírez; Cantad en Belén, de Sebastián Paz Suárez; O Tannenbaum, proposta popular alemá ; Olaizola, de Aurxoa Seaskan; O tamborileiro, de Katherine K. Davis; e Adeste Fideles, de J. Reading.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.01.2017.