Ir o contido principal

A Igrexa da Universidade acolle o oitavo concerto de Nadal de Manos Unidas

O luns 4 ás 19.30 horas

A Igrexa da Universidade será o escenario o luns 4 de xaneiro do oitavo concerto de Nadal de Manos Unidas, a cargo do grupo Animato, agrupación que conforman estudantes do Conservatorio Superior de Vigo. A partir das 19.30 horas, no repertorio atópanse pezas de Viñuela, Mozart, Bach, Haendel, Purcell, Vivaldi, Mascagni, Offenbach, Strauss ou Shostakovich.

O grupo Animato nace coa vontade de fomentar e popularizar a música de cámara e todas as músicas galegas que poden ser adaptadas para a súa interpretación por unha agrupación de corda. Dispón dun amplo repertorio no que se inclúen pezas vocais interpretadas por soprano, sobre o que efectúan os seus propios arranxos. Os seus compoñentes son Sofía Cupeiro (viola e voz), Patricia Túñez (violín), Alba Martínez (violín), Yago García (piano), Raúl Andrade (trompeta) e Alberto Calvo (trompeta).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.12.2015.