Ir o contido principal

O II Seminario de Planificación Empresarial aborda a construción e avaliación de modelos de negocio

O II Seminario de Planificación Empresarial estará centrado na construción e avaliación de modelos de negocio e dirixido a todas aquelas persoas que teñan unha idea ou proxecto empresarial que queiran analizar para asegurar a súa boa posta en marcha. Este seminario de carácter gratuíto e para o que hai un máximo de 35 prazas, ten unha carga lectiva de 15 horas lectivas ademais das titorías personalizadas que se celebrarán os días 3, 4, 7, 9 e 11 de abril de 10 a 13.30 horas. As persoas que desexen formalizar a súa matrícula deberán acreditar a súa vinculación con calquera das tres universidades, valorándose ademais o interese amosado en participar na décimo cuarta edición do Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC, que a promotora principal do proxecto sexa unha muller así como a orde de inscrición da solicitude. As persoas interesadas poden acadar máis información así como o formulario de inscrición na web de Uniemprende.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.03.2014.