Ir o contido principal

O II Simposio Internacional Poéticas de Resistencia celébrase no Centro de Estudos Avanzados da USC

O II Simposio Internacional Poéticas de Resistencia reunirá a estudosos e poetas no Centro de Estudos Avanzados da USC ao longo do xoves 16 e o venres 17 para debater ao redor de ‘Prácticas. Repertorios. Estratexias. O encontro está promovido polo grupo de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da USC e a Rede Internacional Poetics of Resistance.
Trátase da xuntanza anual deste rede na que as intervencións propostas están organizadas en catro sesións nas que se analizarán a teoría como forma de resistencia ou desta como un modo de sabotaxe, repertorios, eficacia e mecanismos de neutralización da resistencia.
A inauguración do encontro será este xoves 16 ás 9:00 horas, coa presenza dos directores do simposio, Arturo Casas Vales e Iris Cochón Otero. As intervencións desta primeira xornada estarán referidas á resistencia cultural no ámbito dos estudos de emerxencia, teoría da historia e resistencia, e á sátira, humor e parodia como estratexias resistentes.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.04.2009.