As II Xornadas de Investigación Biosanitaria revisan o estado da investigación neste eido

O reitor Juan Casares participou este xoves 26 na xornada inaugural das II Xornadas de Investigación Biosanitaria na Aula Magna do Pavillón Docente Novoa Santos do Hospital Clínico Universitario de Santiago. Na sesión interviñeron ademais os conselleiros de Sanidade, Rocío Mosquera, e de Economía e Industria, Javier Guerra, ademais da secretaria de Estado de I+D+i, Carmen Vela, e do xerente de Xetión Integrada de Santiago, Luis Verde. O programa tivo como punto de partida a intervención do catedrático de Microbioloxía da Universidade de Zaragoza, Carlos Martín, coa conferencia ‘Desactivando o bacilo da tuberculose: no camiño cara unha nova vacina’. A seguinte foi Carmen Vela para falar sobre ‘Biotecnoloxía e Saúde: unha historia de éxito’. Completando o programa, pola tarde, o presidente do grupo Zeltia José María Fernández Sousa-Faro, trata a partir das 18.15 horas os fármacos de orixe mariño. Ademais destas tres intervencións nas xornadas se inclúen cen comunicacións en distintos formatos coas que se pretende profundar no estado da investigación no eido biosanitario dende múltiples perspectivas.