O III Curso de Fotografía na Natureza da Fundación USC Deportiva centra as miradas nos paseos do Miño e do Rato

O III Curso de Fotografía na Natureza organizado pola Fundación USC Deportiva, o primeiro que se desenvolve na capital luguesa, levou todas as persoas inscritas nesta actividade formativa e lúdica de visita polos paseos fluviais dos ríos Miño e Rato, onde as persoas afeccionadas á fotografía tiveron a oportunidade de captar moi diversas imaxes seguindo as instrucións recibidas do fotógrafo Andrés Fraga.
Antes de comezar a expedición fotográfica polas ribeiras dos canles dos ríos Miño e Rato ao seu paso polo concello de Lugo, o profesor responsable de impartir este obradoiro fotográfico, Andrés Fraga, transmitiu ás persoas participantes algunhas nocións e recomendacións esenciais para tomar boas imaxes da natureza.
Unha vez completadas estas saídas ao campo, os participantes no primeiro curso de fotografía na natureza que organiza a Fundación USC Deportiva no campus lugués, analizarán o venres 16 de maio as imaxes captadas e avaliarán así os coñecementos adquiridos ao longo deste curso no marco dunha sesión de clausura que se desenvolverá na aula 21 da Facultade de Formación de Profesorado, en horario de 18.00 a 21.00 horas. O profesor e fotógrafo Andrés Fraga será o encargado de guiar a sesión de clausura.
Todo o traballo de campo desenvolveuse á beira das canles fluviais do Miño e do Rato