Ir o contido principal

O ILG achega as súas principais liñas de investigación a estudantes da Universidade de Zürich

O ILG achega as súas principais liñas de investigación a estudantes da Universidade de Zürich
O ILG achega as súas principais liñas de investigación a estudantes da Universidade de Zürich

Un grupo de 37 estudantes de Filoloxía da Universidade de Zürich (Suíza) visitou este martes a sede do Instituto da Lingua Galega (ILG) da USC, onde foi recibido polo seu director, Ernesto González Seoane. A comitiva asistiu alí a unha breve presentación dos principais proxectos e liñas de traballo que se están a desenvolver no centro. Acompañaron o alumnado a catedrática de Literatura Española Itzíar López Guil e o catedrático de Filoloxía Románica e membro correspondente da Real Academia Galega, Johannes Kabatek, quen gabou o traballo levado a cabo polo ILG, co que colabora desde hai anos en varios proxectos. Entre estes estudantes atópanse varios de español, e algúns deles cursan tamén materias de galego. Todos e todas viaxan a Galicia para coñecer os proxectos que se están a desenvolver no ámbito da lingüística e achegarse á obra de Álvaro Cunqueiro, un dos autores que conforman o seu currículo académico.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.04.2015.