Ir o contido principal

'O ilímite de pensarte libre' preséntase en Humanidades

O Salón de Actos da Facultade de Humanidades de Lugo acolle este xoves 3 de decembro, ás 19:00 horas, a presentación do libro O ilímite de pensarte libre, de Iago Santalla.
No acto intervirán o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero; o decano da Facultade de Humanidades, Alexandre Veiga; o director de publicacións de Toxosoutos, David González Couso; as profesoras de Humanidades Ángeles Rodríguez e María Xesús Nogueira, que ademais é prologuista do libro; e o autor, Iago Santalla.
En O ilímite de pensarte libre, o autor ofrece, en primeira persoa e en forma de cartas dirixidas a unha figura feminina, un testemuño da súa loita contra a parálise cerebral que padece dende que naceu.
Iago Santalla, de 26 anos, é diplomado en Educación Social e ten un posgrao en Servizos Sociais. Na actualidade traballa coa Confederación Galega de Minusválidos (Cogami), nunha empresa de axuda a domicilio. En marzo de 2005 gañou o primeiro premio de poesía Lucus Augusti co poema Dende este corredor.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.12.2009.