Ir o contido principal

Inauguración en Ciencias da Educación dunha mostra que sensibiliza sobre o colectivo trans

Inauguración en Ciencias da Educación dunha mostra que sensibiliza sobre o colectivo trans
Inauguración en Ciencias da Educación dunha mostra que sensibiliza sobre o colectivo trans

A partir deste venres 3 a Facultade Ciencias da Educación acollerá a exposición fotográfica ‘ Sorrisos trans*formadores’, unha iniciativa da Deputación de Pontevedra en colaboración coa Asociación de Familias de Menores Trans* de Galicia (Arelas), con fotografías de Noemí Chantada. Baixo o lema ‘Respecta-defende-sensibiliza-iguala-vive e deixa vivir’, o proxecto busca a visibilización, sensibilización e naturalización do colectivo trans* para promover a igualdade de oportunidades, o respecto á diversidade e o dereito a ser diferentes.

A inauguración desta mostra celebrarase nunha sesión ás 12.00 horas no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación de Campus Norte na que está prevista a participación da presidente da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva Rego; a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concepción Fernández Fernández; e o vicedecano da Facultade, Martín Leránoz Iglesias. Tamén estarán presentes o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira López. Deseguido, a presidenta da asociación Arelas, Cristina Palacios, pronunciará a conferencia ‘O poder dos sorrisos, que transforman a sociedade’.

A exposición poderá visitarase ata o día 9 de febreiro de 12.00 a 13.30 e de 17.30 a 19.00 horas. A exposición trata de prever actitudes e comportamentos discriminatorios por mor da orientación sexual ou identidade de xénero e combater o acoso escolar por estes dous motivos, favorecendo a visibilidade do alumnado LGTBI e a plena normalidade das orientacións sexuais e as identidades de xénero. ‘Sorrisos trans*formadores’ comprende imaxes de persoas alegres, orgullosas que mostran unha parcela da súa vida que lles gusta, acompañadas dun texto que reflicte unha frase ou idea.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.02.2017.