Ir o contido principal

Inauguración do curso de Formación de Español para profesores británicos e irlandeses

O luns, dia 18, ás 9,30 h., no salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas

O vicerreitor de Oferta Docente e Espazo Europeo de Educación Superior, Máximo Pló Casasús inaugurará mañá, luns día 18, ás 9,30 horas, no Salón de Actos da Facultade de Ciencias Políticas de Santiago, un Curso de actualización didáctica do español como lingua estranxeira, para profesores británicos e irlandeses, organizado por Cursos Internacionais da USC.

Este curso desenvolvese ao abeiro do Convenio de Colaboración entre o Ministerio de Educación e Ciencia e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de Cursos de formación de profesores de español de Reino Unido e Irlanda. Participaran en total 30 profesores de español destes dous países. O programa, que xestiona Cursos Internacionais da USC, desenvolverades dende o día 18 ata o 22 de febreiro.

Ademais das clases de lingua española, didáctica e metodoloxía, que imparten o equipo docente de Cursos Internacionais da USC, o curso inclúe un programa de actividades culturais na cidade: visita ao Patrimonio da USC, visita a Catedral, xornadas gastronómicas, visitas a tendas de artesanía, cerámicas e librerías da cidade, tertulias en cafés da zona vella, entre outras.

No acto de apertura do curso acompañaran ao vicerreitor a xerente dos Cursos Internacionais da USC, Lanzada Calatayud; a asesora técnica do MEC, Victoria Hernández Pando; a asesora técnica da consellería de Educación da Embaixada de España en Reino Unido, Inmaculada Naranjo Mateos, e a asesora do servizo de Ordenación e Innovación Educativa da Xunta de Galicia, Rosa López Boullón.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.02.2008.